A quinta onda de contaxios estase a manter na comarca. A xente na rúa ten opinións dispares sobre o cumprimento das medidas anticovid, aínda que a maior parte considera que en xeral si se están a levar a cabo.
As medidas implantadas pola Xunta sobre a presentación de certificados de vacinación ou de PCR e antíxenos negativo para entrar no interior dos locais hostaleiros está a centrar o debate entre a poboación. Hainos qu ven con bos ollos a medida, pero tamén hai quen pensa que é inxusto para as persoas que non tiveron a oportunidade de vacinarse.