Barbanza

Boiro baixa ao nivel alto de restricións

Galicia atópase no pico da quinta onda. Así o constatou o comité clínico na reunión de onte. Os datos de contaxios rexistrados na comarca deixan ver que o ritmo de positivos diminuíu co paso das semanas e espérase que nos próximos sete días a presión hospitalaria tamén comece a descender.
A meirande parte dos concellos que están no nivel máximo de restricións están a reducir as cifras de contaxios, caso que se deu en Boiro. No caso do municipio boirense esa mellora implica que a partir do sábado pasará ao nivel alto de restricións. O presidente da Xunta espera que na terceira semana de agosto non haxa localidades en nivel máximo e alto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.