Barbanza

Muros sobe ao nivel máximo de restricións mentres que A Pobra e Porto do Son baixan de nivel

Varios concellos da comarca contarán con novas restricións a partir do sábado. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, deu a coñecer os resultados da reunión do comité clínico. A principal novidade é a subida de Muros ao nivel máximo, onde seguirá unha semana máis Boiro. A Pobra baixa ao nivel alto, onde permanece Ribeira. Rianxo, Outes e Noia siguen no medio e Porto do Son pasará a estar no baixo. Comesaña informou que chegaron a un acordo con colexios farmacéuticos galegos para dar validez ás probas de autotest. Para conseguir o certificado teñen que realizarse na farmacia en presenza dun profesional que comprobará o resultado, introducirá os datos no sistema e entregará co documento acreditativo en caso de dar negativo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.