Cabo de Cruz e Rianxo resultan vencedores no Campionato Territorial Norte de Bateis celebrado en Rianxo. Os boirenses resultaron gañadores en categoría promesa, absoluta feminina, xuvenil feminina e absoluta masculina, mentres os rianxeiros venceron en infantís e cadetes masculinos.
Os catro primeiros conxuntos de cada categoría clasificáronse para o Campionato Galego, que se disputará o próximo fin de semana na Pobra , resultaron clasificados en promesas Cabo, Ribeira, Esteirana e Perillo; en xuvenil feminino A Cabana, Cabo, Ribeira e Narón; en absoluto feminino Cabo, A Cabana, Perillo e Mera; en infantil masculino Rianxo, Cabo, Ares e Perillo; en cadete masculino Rianxo, Cabo, Ares e Perillo; en xuvenil masculino, Cabo, A Cabana, Ribeira e Perillo. Para rematar, en absoluto masculino, Cabo, Cedeira, A Cabana e Puebla .
