Medio Ambiente revisará a rede de abastecemento do Concello de Noia para priorizar as actuacións que melloren a súa situación

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio revisará a rede de abastecemento do Concello de Noia, co fin de priorizar as actuacións máis necesarias para mellorar a situación actual. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, no transcurso dunha reunión, na que coincidiron en que unha das actuacións máis importantes é a construción dun novo depósito de auga, ao carón da Estación de tratamento actual, que permitirá duplicar a capacidade do depósito actual.
Santiago Freire plantexoulle á Conselleira a necesidade de facer un
diagnóstico para mellorar a rede de abastecemento e contemplar a posibilidade de duplicar a capacidade de almacenamento de auga mediante un novo depósito .
En segundo lugar, o alcalde, Santiago Freire, tamén se encargou de transmitir a necesidade de mellora das instalacions na rede de potabilización.
A conselleira de Medio Ambiente sinalou que Augas de Galicia iniciará de inmediato a redacción do proxecto no que se dimensionarán as necesidades para esta nova instalación, ademais dos prazos e do orzamento; aínda que os técnicos estiman un orzamento dun millón de euros, concretou a conselleira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.