Xunta de Galicia

Feijóo anima á industria agroalimentaria a seguir apostando pola calidade, a innovación e a internacionalización como claves para afrontar os retos futuros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe á industria agroalimentaria a seguir apostando pola calidade, a innovación e a internacionalización como claves para afrontar os retos futuros. Durante a entrega dos VII Premios Galicia Alimentación, Feijóo aseverou que, pola súa banda, o Goberno galego seguirá comprometido con este camiño, impulsando medidas estruturais como a Lei de Recuperación da terra agraria -que recolle figuras como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo e as agrupacións de xestión conxunta- ou a futura Lei da Calidade Alimentaria, que potenciará toda a cadea, favorecendo as denominacións de orixe e actualizando o marco de control e sancións para adaptalo ás prácticas desleais e ao comercio en liña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.