Feijo incidiu en que a Negra Sombra cede, aínda que nos arrebatou familiares, amigos e compatriotas cos que non poderemos celebrar o pleno rexurdimento do noso país. Non podemos ignorar que Galicia está incompleta sen eles, nin esquecer os numerosos dramas laborais e empresariais que a pandemia deixa. En Galicia a palabra “lonxe” sempre é relativa, e as persoas alleas convértense en próximas. Non son ideas retóricas que adornan un discurso; os galegos poñémolas en práctica revitalizando un Xacobeo bianual que simboliza o triunfo sobre ese mundo de sombras no que estivemos sumidos estes últimos e longos meses. O contrapunto do confinamento de persoas, países e comunidades é un Xacobeo que, ademais, ten a virtude de ser un feito colectivo que fai de cada galego un anfitrión.
