O conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia ten xa rematado o proxecto de ampliacion do Hospital de Santiago, que suporá un crecemento de 30.000 metros cadrados, o que significa case un 30% máis de superficie para este centro sanitario, que medrará en dous dos seus tres edificios. Trátase dun investimento global que estimamos, ao redor de 60 millóns de euros, e vai ser unha ampliación cunha incidencia directa no laboratorio de microbioloxía, na área de autopsias, na área de urxencias e, particularmente, nas urxencias pediátricas, nas áreas de endoscopias, nos bloques cirúrxicos, nas unidades de hospitalización, no hospital de día e noutras unidades como mama, neumoloxía, alerxia, dor, anestesia ou cirurxía plástica e maxilofacial.