19 noviembre, 2026

José Miñones alerta da contundencia da “tolerancia cero” coas persoas que poñen vidas en risco nas estradas galegas

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, alertou hoxe da contundencia da “tolerancia cero” coas persoas que poñen vidas en risco nas estradas galegas. Expresouse así despois de presidir a Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria, que abordou o repunte de sinistralidade a pesar do descenso da circulación na Comunidade.
“Estamos preocupados porque observamos un repunte da siniestralidade. A pesar da baixada do tráfico pola pandemia, os accidentes non diminúen na mesma proporción. A desescalada, a chegada do bo tempo e o aumento do turismo tamén polo Xacobeo nos levan a unha situación na que debemos insistir na importancia da prudencia”, explicou.
Os datos amosan 37 vítimas mortais nas estradas galegas este ano (16 na Coruña, 4 en Lugo, 4 en Ourense e 13 en Pontevedra), 7 menos que nesta data de 2019, pero todavía demasiadas dado que “o obxectivo son 0 vítimas”, abundou.
José Miñones subliñou que os datos que máis preocupan son a velocidade excesiva, causa do 64% das denuncias do Sector de Tráfico da Garda Civil; as vías convencionais, que acumulan o 93% das vítimas mortais; as distraccións por uso do teléfono móbil; os horarios nocturnos, cun 56% de sinistros; e os animais, presentes nun 47% de accidentes.
O perfil da vítima mortal en Galicia é o seguinte: Home de entre 25 e 55 anos, condutor dun turismo con máis de 10 anos de antigüidade que protagoniza unha saída de vía convencional por velocidade excesiva. O traballo do Goberno está centrado na prevención, con colectivos como os peóns, ciclistas e motoristas como unha das prioridades, e actúa a través da Dirección Xeral de Tráfico, do Sector da Garda Civil, das agrupacións de Protección Civil e o Ministerio de Transportes a través da Demarcación de Estradas. Todo coordinado co resto de administracións, tanto a Xunta como os concellos e deputacións.
O Executivo continuará coa sua dinámica actual no obxectivo das “cero vítimas”. “O Goberno non deixará de traballar, coordinado co resto de administracións, ata que non haxa vítimas. E quero lanzar unha mensaxe clara e contundente: tolerancia cero coas persoas que poñen vidas en risco”, dixo.
“Este verán non permitiremos que ninguén poña vidas en risco. Presentaremos o dispositivo nos próximos días, pero os cerca de mil axentes do Sector de Tráfico están concienciados na seguridade viaria. Debemos estar tamén concienciados como sociedade”, rematou.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX