O Plan reitor de usos e xestión tamén establece un programa de actuacións a desenvolver nos próximos dez anos para coñecer, manter e mellorar os valores naturais e os compoñentes ecolóxicos valiosos do parque natural. Entre as accións a desenvolver destacan a conservación da biodiversidade, patrimonio cultural e paisaxe; estudos, seguimento e avaliación de fauna, flora, hábitats e outros; accións informativas, de divulgación e sinalización e de educación ambiental; e, por último, conservación e mellora da rede viaria e das instalacións, co mantemento de infraestruturas, vehículos e maquinaria.
