Feijóo destaca o patrocinio do Xacobeo aos deportistas galegos, que levarán a marca Galicia e os valores do Ano Santo por todo o mundo. Durante o acto de sinatura do acordo que, cunha achega de 2,5 millóns de euros, abrangue equipos de alta competición e a promoción de eventos e campionatos de ámbito internacional neste 2021 e no 2022, Feijóo afirmou que a Xunta seguirá comprometida para achegar o deporte a todos os cidadáns, desde a base ata a alta competición.
