O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a contribución dos 40 anos de vixencia do Estatuto de Autonomía á marca Galicia, “unha marca de convivencia, de progreso e de liberdade”.
Ao respecto, e durante a inauguración da exposición Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia, no Museo do Pobo Galego, Feijóo subliñou que os datos que se aportan na mostra poden resumirse no feito de que se hai corenta anos a Galicia era unha das tres comunidades máis pobres de España, hoxe: conta cun PIB per cápita que supera o 93% da media estatal e unha renda media que chega ao 91%; pasa de 86 quilómetros de autovías a 1.398 quilómetros; duplica o número de hospitais, pasando de 14 a 28, e multiplica por sete o número de centros de saúde, ata chegar aos 398.
