A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), levará a a cabo a partir de hoxe distintos traballos para mellorar a estabilidade do noiro situado no punto quilométrico 31+200, sentido Ribeira da Autovía do Barbanza, concretamente, no punto situado no Concello da Pobra do Caramiñal, a poucos metros do enlace da Pobra norte.
A duración das tarefas de reparación será de dúas semanas, polo que a reapertura de ambas calzadas producirase o venres 8 de abril, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.
Como consecuencia do cambio de calzada descrito, quedará anulada a saída do enlace de Pobra Norte para o tráfico que descorre pola calzada en sentido Ribeira, polo que os usuarios deberán seguir ata o enlace de Pobra Sur e da a volta pola AG-11.
Por outra banda, tamén quedará cortada a incorporación á AG-11 cara Ribeira en Pobra Norte, tendo que utilizarse a AC-305 como alternativa e incorporarse no enlace da Pobra sur, ou dirixirse pola AG-11 cara Boiro para dar alí a volta.
A XUNTA anuncia cortes na AUTOVÍA DA BARBANZA por mor das obras de mellora de estabildade dun noiro
Please login to join discussion




