20 noviembre, 2026

Galicia lamenta que o acordo provisional de cotas pesqueiras nas augas compartidas co Reino Unido non teña en conta os aspectos socioeconómicos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, lamentou que o acordo provisional e temporal acadado hoxe no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea para as principais especies da frota galega en augas compartidas co Reino Unido non teña en conta os aspectos sociais e económicos e só se rexa polas recomendacións científicas do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM).
A proposta de Totais Admisibles de Capturas (TAC) adoptada para estas especies ante a falla de acordo co Goberno británico supón establecer ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das posibilidades de pesca recomendadas polo CIEM para o presente exercicio, o que leva consigo un axuste nas cotas de varias das especies principais para a frota galega.

Related posts

A COPA DO MUNDO DE FÚTBOL 2026 ESTÁ EN GALICIA

CloudyX

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX