O Concello de Boiro executa obras de renovación, mantemento e mellora no complexo deportivo da Cachada. Neste momento estanse a substituír os falsos teitos do vaso da piscina e dos corredores da instalación, unha obra que conta co financiamento da Deputación Provincial da Coruña.
