O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe os avances na primeira fase da Autovía Nadela-Sarria, na que a Xunta está a investir máis de 25 millóns de euros, para poñer ao servizo dos cidadáns unha infraestrutura máis segura, máis rápida e máis confortable a partir do outono do vindeiro ano. Nesta liña, e durante unha visita ás obras, Feijóo aseverou que ao tempo que se avanza no desdobramento, que comprende arredor de 11 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro, este mesmo ano, licitarase xa a redacción do proxecto para completar integramente a Autovía de Sarria ata Nadela.
