O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron esta mañá nunha reunión por videoconferencia co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, para abordar o plan de colaboración para o cumprimento das medidas anticovid nos establecementos hostaleiros co obxectivo de levar a cabo unha reapertura progresiva e con tódalas garantías de seguridade.
