19 noviembre, 2026

Intervidas tres toneladas de cocaína que viñan hacia as Rias Baixas

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil xunto con funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, coa colaboración da Armada Española, interviñeron preto de tres toneladas de cocaína nun buque en alta mar fronte ás costas de Ribadeo (Lugo). No operativo foron detidos os nove tripulantes que, ante o asalto do buque por parte do GEO da Policía Nacional, non dubidaron en abrir unha vía de auga para afundilo co fin de eliminar todas as probas.
A investigación conxunta iniciouse no mes de maio do pasado ano, tras ter coñecemento das presuntas actividades ilícitas dunha organización criminal asentada na Comarca O Salnés da provincia de Pontevedra.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX