21 noviembre, 2026

A Xunta destinará aos guías de turismo 170.000 euros para a creación de novos produtos nos camiños de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (Apit Galicia), coa que a Xunta asinará un convenio de colaboración cunha dotación de 170.000 euros co obxectivo de crear novos produtos turísticos en localizacións dos Camiños de Santiago e vinculados co Xacobeo. Alfonso Rueda destacou o importante papel que este colectivo ten encomendado neste Xacobeo, porque constitúe unha das principais cartas de presentación do turismo galego.

Related posts

A COPA DO MUNDO DE FÚTBOL 2026 ESTÁ EN GALICIA

CloudyX

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX