Xunta de Galicia

A Xunta destina preto de 900.000€ á convocatoria das axudas complementarias do programa ERASMUS+.

Estas axudas enmárcanse dentro das iniciativas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a prol dun sistema educativo de calidade e con igualdade de oportunidades independentemente dos recursos económicos das familias. Estas bolsas apoian os estudantes para que poidan completar os seus estudos universitarios fóra do territorio español; e favorece un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.