O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou hoxe aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico para, entre todos, camiñar cara un Xacobeo no que a seguridade será un valor constante.
Durante o acto de presentación da campaña turística de Galicia 2021, Feijóo aseverou que está é só “un aperitivo do que nos vai tocar vivir”.
