A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou que o recorte de cotas de pesca proposto por Bruxelas para o Cantábrico-Noroeste no 2021 -que exclúe aos caladoiros do Gran Sol e Francia á espera das negociacións sobre o brexit- tería un impacto potencial de preto de 30 millóns de euros no conxunto da economía galega.
