A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta mañá no programa de voluntariado dixital en residencias posto en marcha pola entidade Acolle e que o Goberno galego financia a través da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF. Fíxoo a través dunha videconferencia con Manuel Negreira Iglesias, usuario da residencia As Dores, de Lalín, que está integrada dentro desta iniciativa. A conselleira, quen mantivo unha conversa informal co residente, natural de Val do Dubra e moi afeccionado ao fútbol, felicitou a Acolle pola posta en marcha deste programa, que conta xa con preto de 50 voluntarios. A iniciativa estase a implantar nun total de doce centros de toda Galicia.
