O concello da Pobra realiza unha actuación de eliminación de filtracións no arquivo municipal. A actuación que comezou o pasado venres está sendo realizada por Impernosa e comporta un investimento de 48 374 euros, con cargo aos orzamentos municipais. Está previsto que estas obras conclúan antes de que finalice o ano 2020.
