A Asociación de concellos do camiño da ría de muros-noia bota a andar cun plan de accións e orzamento ata fin de ano. A presidencia da nova entidade recaeu na tamén presidenta da Ría da Estrela e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, mentras que a vicepresidencia foi para o alcalde de Noia, Santiago Freire; o cargo de tesoureiro será desempeñado polo alcalde de Outes, Manuel González; a secretaría o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo de Ames, Manuel Lens, e a vogalía na alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo.