Galicia

Galicia porá a disposición do marisqueo a pé máis de 5 millóns de euros de apoio á reactivación do sector trala crise derivada do coronavirus

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, informou hoxe no Grove que aqueles profesionais do marisqueo a pé que pararon temporalmente a súa actividade durante a pandemia e non puideron beneficiarse da prestación por cese de actividade habilitada trala declaración do estado de alarma terán a posibilidade de acceder á vía de apoio específica para este sector que inclúe o plan Avantemar de reactivación para o eido marítimo-pesqueiro ante a crise derivada do coronavirus. Este programa da Xunta prevé máis de 5 millóns de euros para este sector procedentes do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca asignado a Galicia e de fondos propios da Xunta.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.