O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, asinou na mañá de hoxe o convenio polo que se instrumentaliza a Tarxeta Benvida, dentro do Plan de Apoio á Natalidade (PAN). O acordo, asinado co director de Banca institucional de Abanca, Santiago Novoa García, permitirá que as familias dos nenos e nenas que nazan a partir do 1 de xaneiro de 2016, reciban 100 euros ao mes para costear parte dos gastos dos bebés nos seus primeiros momentos de vida. Esta axuda tamén está dirixida a aqueles pais e nais que adopten un neno ou unha nena menores dun ano.
Asinado o convenio para a tarxeta benvida que beneficiará con 100 euros mensuais aos nenos que nazan a partir do 1 de xaneiro
Please login to join discussion