O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo un encontro por videoconferencia coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo para informar da licitación da obra de rehabilitación integral do CEIP Ramón de Artaza y Malvárez (Muros), por un importe total de 892.379,99 €. Na reunión participaron tamén representantes do equipo directivo e da Anpa do centro escolar e responsables do proxecto da Xunta para explicar a actuación prevista neste centro educativo.