20.9 C
Chicago
10 octubre, 2026
Image default

Feijóo convida aos galegos a ser partícipes na organización dun «Xacobeo de 5.000 días» que permita amosar a mellor Galicia da nosa historia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, convidou hoxe aos galegos a ser partícipes na organización dun “Xacobeo de 5.000 días” que permita, aseverou, amosar a mellor Galicia da nosa historia.

Logo da reunión da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, Feijóo subliñou que tras 11 anos sen haber ano santo, nos vindeiros 11 celebraranse tres, unha circunstancia que animou a converter nunha oportunidade, abrindo unha era xacobea que comece desde xa mesmo e que non remate o 31 de decembro de 2021, senón que se prolongue nos seguintes anos ata conectarnos coa década seguinte. Durante a súa intervención, Feijóo fixo fincapé en que o máis importante é que non se trata dun proxecto para un ano illado, senón que se trata dun proxecto que comeza desde este momento e cun horizonte que mira a 2027 e 2032, os seguintes anos santos.

Related posts

O PRESIDENTE DA XUNTA PARTICIPOU NO 48º CONGRESO NACIONAL DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA

CloudyX

NOVA SESIÓN DE CONTROL AO GOBERNO GALEGO, NESTA OCASIÓN MARCADA POLA VIVENDA E O 29N

CloudyX

CONXEMAR BOTOU Á ANDAR ESTA MAÑÁ

CloudyX