24 septiembre, 2026
Image default

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas do bono autónomo con apoios de ata 3000€ para a mellora da competitividade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas do Bono Autónomo co que a Xunta ofrece apoios de ata 3000 euros para a mellora da competitividade dos traballadores por conta propia. Os interesados xa poden presentar a súa solicitude ata o próximo 2 de agosto.

Trátase da terceira edición desta iniciativa coa que se busca apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que contan cunha antigüidade superior aos 42 meses. A Administración autonómica prevé beneficiar a 1300 traballadores a través dun orzamento que alcanza os catro millóns de euros, un máis que ao longo do pasado exercicio.

Related posts

O PARLAMENTO DE GALICIA DEBATE SOBRE COHESIÓN TERRITORIAL, SERVIZOS PÚBLICOS E CRISE DA VIVENDA

CloudyX

O CONSELLEIRO DE SANIDADE RECLAMA AO GOBERNO DIÁLOGO COS MÉDICOS PARA EVITAR A FOLGA CAUSADA POLO ESTATUTO MARCO

CloudyX

PESCA AMPLÍA A BOLSA COMÚN DE BOCARTE PARA 63 BARCOS QUE NON ESTÁN ADSCRITOS A NINGUNHA ORGANIZACIÓN

CloudyX