A Xunta de Galicia levará a cabo un paquete de actuacións de reforma e modernización da residencia de maiores da Pobra do Caramiñal no que investirá 200.000 euros. Este centro de atención a maiores será un dos seis da provincia da Coruña que se beneficiarán do plan de obras que a Consellería de Política Social executará entre este ano e o que vén con fondos procedentes do superávit autonómico de 2018.

