Varios xubilados da Pobra concentráronse este fin de semana no municipio pobrense para protestar contra a subida do 0,25 % nas pensións. Os manifestantes recorreron a pé varias rúas da localidade para pedir unha vez máis segundo apuntan «unhas pensións dignas libres de recortes». A afluencia neste caso foi destacada pola cantidade de xente que participou na concentración.
https://www.youtube.com/watch?v=40t0K7Yttdg