Boiro

Portos de Galicia lembra que ten actualizada a proposta de dotación de pantaláns para bateeiros en Cabo de Cruz dende o mes de decembro


Portos de Galicia lembra que ten actualizada a proposta de dotación de novas prazas de amarre en pantalán para embarcacións bateeiras no peirao de Cabo de Cruz (Boiro) dende o pasado mes de decembro. Fronte á solicitude trasladada polo grupo parlamentario socialista de que se actualice dita proposta, o ente público que preside José Juan Durán, clarexa que non só xa se ten feita dita actualización dende o pasado ano se non que a día de hoxe as obras están xa en execución, cun orzamento de 4,7 millóns de euros, convertíndose na obra máis importante destas características impulsada polo organismo autonómico.

As obras de dotación de prazas de pantalán para os bateeiros de Cabo de Cruz licitáronse en marzo de 2018 e comezaron e marzo deste ano, cun prazo de execución previsto de 16 meses. Durante a tramitación administrativa do proxecto Portos de Galicia en coordinación co Concello de Boiro, mantivo diversas reunións cos representantes do sector para actualizar de xeito permanente as necesidades dos usuario e concretamente as modificacións na frota bateeira que amarrará nesta instalación. O pasado mes de decembro recibiuse a actualización do número de embarcacións mexilloeiras que operan no porto na actualidade. Así, modificouse o proxecto que prevía 139 prazas de amarre dado que só foron solicitadas 86 polo que o proxecto actualizado contempla a dotación de 98 prazas de xeito que se cobren as necesidades da frota actual e se reservan prazas para o futuro. As características das prazas adaptáronse, así mesmo, as necesidades plantexadas polo sector.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.