martes, octubre 3, 2023

BREAKING

As pinturas da prestixiosa artista lucense EMMA RODRÍGUEZ chegan por primeira vez ao BARBANZA

A obra da artista lucense Emma Rodríguez chega por primeira vez á comarca do Barbanza que estará exporta na Casa da Cultura de Boiro durante o mes de agosto.

Os cuadros recollen as ideas e os sentimentos da autora retransmitidos cunha serie de pinturas abstractas. Entre eles, por ejemplo, o que lle suxire o voo dunha bolboreta.

A artista fixo unha escolma entre os seus traballos desenvolvidos durante máis de dúas décadas dedicada á pintura para expoñer na casa da cultura de Boiro.

As pinturas de maior tamaño non se poden exhibir debido ás peculiaridades da sala de exposicións da Cachada.

A pesar diso todas elas teñen o punto común do romanticismo abstracto como tema central.

Aínda que é a primeira vez que Emma Rodríguez, máis coñecida no mundo artístico como Era, estrea colección no Barbanza, a súa pintura conta cun gran recoñecemento dentro e fóra das nosas fronteiras con presenza nas máis prestixiosas galería e feiras de arte a nivel nacional e internacional.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.