21 noviembre, 2026
Image default

A Pobra do Caramiñal vai contar con importantes investimentos

Xosé Lois Piñeiro informou esta mañá sobre varias obras que se están ou se van a executar na Pobra do Caramiñal nas vindeiras datas. Por unha banda, o alcalde sinalou que practicamente todas as luminarias do municipio serán substituídas por outras de baixo consumo, para mellorar o servizo e o que suporá o aforro enerxético. Esta atopase na actualidade en fase de licitación. Lois Piñeiro destacou tamén outras obras que se están a executar, e fixo fincapé as que teñen lugar en centros sociais do municipio. Indicou igualmente que o venres daranse a coñecer as propostas para o orzamento da casa da mocidade. A pavimentación tamén se esta a levar a cabo en varias zonas da localidade

Related posts

A POBRA IMPULSA UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE EMBELECEMENTO DE BALCÓNS, FACHADAS E NÚCLEOS VECIÑAISNovembro avanza polo que o Nadal está cada vez máis preto. O Concello da Pobra do Caramiñal contará un ano máis co seu xa tradicional Concurso’ de Embelecemento de Balcóns, Fachadas e Núcleos Veciñais. Esta iniciativa cumpre xa a súa sétima edición e terá unha importante novidade.

CloudyX

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX