As obras da rúa Castelao en Aguiño afrontan o seu tramo final logo de investir máis de 117.000 euros na renovación do pavimento asfáltico e a instalación dunha nova rede de pluviais no vial.
Ás preguntas plantexadas por algúns veciños do contorno, cómpre informar de que ademais dos catro pasos de peóns elevados que se acaban de construír, tamén se porán outros tres máis para reforzar a seguridade viaria e, por outra parte, que o pintado horizontal entre o cruce coas rúas Lagarto e Listres recobrará o seu aspecto orixinal.