Co gallo da celebración das Letras Galegas, o concello da Pobra do Caramiñal porá en marcha unha Feira cultural de artesanía para promocionar os productos da bisbarra. Ubicada nos Xardíns de Valle-Inclán a feira contará con 15 casetas nas que se exporá artesanía e cultura dando cabida ós artesáns da Barbanza.

