Mergulladores de Ribeira e Aguiño iniciaron esta mañá a actividade na campaña de recolección de ourizo, un plan conxunto entre ambas confrarías. Neste primeiro dia de traballo os topes marcados en 30 kilos por mariñeiro colléronse sen dificultade. Tamén se lograron bos prezos na primeira poxa, o equinoderno chegou aos 9, 48 euros.

