Muros

O concello de Muros aposta pola protección do seu hábitat natural de Area Maior (Louro), coa realización dunha actuación orzamentada en 20.000 euros que dará protección ao sistema dunar

A actuación realizada na zona de Area Maior (Louro) contempla a colocación dunha pasarela peonil que reducirá o impacto das persoas que transiten a pé polo entorno, unha barreira de pedras que impida o acceso de vehículos á zona medioambientalmente máis sensible e unha mesa de interpretación con contidos sobre a conducta no espazo natural e a importancia do sistema dunar.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.