23 septiembre, 2026
Image default

Feijóo salienta que a oferta de emprego público da Administración Xeral da Xunta para 2018 se incrementa ata as 2.225 prazas, o triplo que en 2017

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a oferta de emprego público da Administración xeral da Xunta para 2018 se incrementa ata as 2.225 prazas, o triplo que en 2017.

Deste xeito, o total do número de prazas de emprego público ofertadas pola Xunta neste ano 2018 chega a 5.736, a cifra máis alta desde o 2008.
Feijóo subliñou que “calquera persoa que queira estudar un temario destas oposicións vai a ter prazas de abondo para poder optar a un emprego definitivo na Administración autonómica” e tamén se garante o dereito á promoción profesional dos empregados públicos que xa están traballando na Administración galega. Deste xeito, do total de prazas: 1.448 son de acceso libre; mentres que, as 777 restantes están reservadas para promoción interna, incluíndose neste último apartado o primeiro proceso xeral de funcionarización do persoal laboral que se fai na Administración galega.

Related posts

ALFONSO RUEDA PARTICIPOU EN SANTIAGO NA INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE DE BANDALUX NO POLÍGONO DE A SIONLLA

CloudyX

O CONSELLO DA XUNTA APROBA E ANALIZA GRANDES INICIATIVAS ESTRATÉXICAS TRAS O CONSELLO DA XUNTA

CloudyX

A XUNTA LANZA A CAMPAÑA DE INMUNIZACIÓN DE GRIPE E COVID CON VACINA DE ALTA CARGA PARA MAIORES DE 65 ANOS

CloudyX