Unha tromba mariña espertou na madrugada do domingo aos veciños de Aguiño e Rianxo, onde causou varios estragos ao tocar terra.
En Rianxo a zona afectada foi o lugar de Tronco, alí a tromba, similar a un tornado, arrincou do chan media ducia de árbores de grandes dimensións, deixandoas tiradas cortando un camiño de acceso a varias vivendas.

