Os concelleiros do BNG de Ribeira achegáronse ata Carreira , onde explicaron que a obra do centro social de Carreira se comezou a construir coas escolas taller, mais dende que se cambiou a temática das escolas ao realizar obradoiros conxuntos con Porto do Son quedaron paradas.
Afirman que malia que en 2015 se aprobou unha partida de 166.000 euros do orzamento para rematar este centro, a dia de hoxe segue sen rematar, e vaise deteriorando.

