Boiro

Portos de Galicia reparará o pavimento interior da lonxa de Cabo de Cruz, en Boiro

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou o edificio da lonxa de Cabo de Cruz, no municipio coruñés de Boiro. Durante a súa visita, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade e a patroa maior de Cabo de Cruz, así como doutros representantes da confraría, o responsable do organismo portuario comprometeu melloras para o inmoble.

En concreto, Durán Hermida anunciou que o seu departamento acometerá a reparación do pavimento do interior da lonxa, que se atopa danado en distintas zonas. Esta actuación contará cun investimento de 9.000 euros e Portos de Galicia vén de iniciar xa a súa tramitación administrativa. Con esta mellora respóndese a unha demanda feita pola patroa maior á propia conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.