Muros

O CENTRO EDUCATIVO RAMÓN DE ARTAZA, DE MUROS, RESULTOU GAÑADOR DO PREMIO DO PRIMEIRO CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participou na entrega de distincións dos proxectos de educación infantil e primaria do I Congreso Aliméntate ben, que se celebrou onte e hoxe no Palacio de congresos e exposicións de Galicia, e no que participan 500 alumnos de toda Galicia. O premio na primeira xornada, na que participaron colexios de infantil e primaria, foi para o Centro Educativo Ramón de Artaza e Malvárez, de Muros.
https://www.youtube.com/watch?v=mkDpu-s-DkA
O estudo gañador ten por obxectivo comprobar si os almorzos do recreo son saudables, facendo recollida de datos dos almorzos do conxunto de todo o alumnado do colexio, tanto en Educación Infantil como Primaria, e realizando unha análise de etiquetas e valorando graxas, azúcares e sal, coa fin de facer propostas de mellora. O premio ten unha dotación de 2.500 euros destinados á realización do estudo e invitacións ao alumnado a un día no aquapark de Cerceda.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.