Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros.
Os axentes do grupo de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, procederon á detención dunha persoa como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o 25 de febreiro na parroquia de Torea, no concello de Muros, que afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,69 ha de arborado.
https://www.youtube.com/watch?v=kCkwFF9yXbo
O lume iniciouse polos traballos de limpeza levados a cabo polo presunto autor dos feitos quen lle puxo lume para a súa eliminación tanto aos restos amoreados, como ao matogueira sen cortar e sen adoptar as medidas de seguridade. Contouse coa colaboración do persoal do Distrito Forestal V (Fisterra).
Polos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Muros (A Coruña). No que vai de ano son 9 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.