Muros

A Garda Civil do Posto de Muros procedeu á investigación de C. S. G. por un presunto delito contra a saúde pública.

Os feitos sucederon por mor das sospeitas que tivo a Garda Civil polo consumo de substancias estupefacientes nun local da zona.

Por todo iso e en colaboración coa SIR da Comandancia da Coruña realizouse unha inspección no establecemento, podéndose proceder á aprehensión de 125 gramos de haxix distribuído en 5 pastillas e un gramo de cocaína que se atopaban ocultos dentro dunha mochila que á súa vez, achábase nunha neveira. A valoración económica das substancias aprehendidas alcanzan os 800€ no mercado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.