Quizais a chuvia caída esta mañá estivo detrás dun accidente rexistrado no lugar da Fialla en Noia. Dous coches colisionaban nunha estrada en pendente con curvas pronunciadas. Como consecuencia do sinistro resultou ferida leve unha persoa que viaxaba de acompañante nun dos vehiculos.