Noia

Descende o número de roubos con forza en Noia no 2017

Este é uns datos extraídos durante a Xunta de Seguridade local de Noia. Durante a reunión realizouse un balance da seguridade no Municipio, para o que se presentou unha comparativa das estatísticas de delincuencia do ano 2017 con respecto ao ano anterior.

Desta análise despréndese que se produciu un moderado incremento da criminalidade no Concello, centrado principalmente en delitos leves contra o patrimonio (fundamentalmente estafas bancarias por Internet e apropiacións indebidas). Pola contra, tamén se produciu un descenso en delitos máis graves, como os roubos con forza e a subtracción de vehículos. Na reunión tamen se analizou ou incremento de roubos con forza non mes de xaneiro, a maior parte deles en grao de tentativa. A Garda Civil deu a coñecer os resultados da Operación Manitas, que permitiu esclarecer a semana pasada a maior parte dos roubos cometidos no Concello desde o mes de novembro. Esta operación finalizou coa detención de sete persoas, das cales tres permanecen en prisión preventiva e outros en liberdade vixiada. Tanto o alcalde como o subdelegado do Goberno agradeceron o traballo levado a cabo polos axentes da Garda Civil e destacaron o elevado índice de efectividade policial.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.