A conselleira de Infraestruturas, acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o do alcalde, Santiago Freire, supervisou hoxe o remate das obras de reparación da estación de autobuses de Noia.
As obras de reparación da estación de autobuses supervisadas hoxe tiñan un prazo de execución de 6 meses, e, a día de hoxe xa están rematadas, logo dun investimento de 180.000 euros.
Esta actuación dirixiuse a reforzar a fachada e tellado, renovación da cuberta da dársena; a reparación dos canalóns da cuberta do edificio; a colocación de fachada ventilada nas frontes máis expostas ás inclemencias meteorolóxicas; e a renovación dos cadros eléctricos, o que transforma estas instalacións en máis cómodas e eficientes.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe un investimento de preto de 300.000 euros na reforma da travesía de Noia, o que suporá unha mellora na seguridade viaria e favorecerá a mobilidade desta área.
Concretamente, actuarase no treito da travesía de Noia (AC-311) comprendido entre a estación de servizo e a igrexa de San Bernardo, onde se colocarán beirarrúas onde non existen e renovaranse as que hai. Estas obras licitaranse neste primeiro trimestre do ano