Noia

Arde parte dunha casa de dous andares en Noia sen que ningunha persoa se vira afectada

Os Bombeiros traballaron arreo durante a noite pasada para extinguir un lume nunha casa situada a no lugar de Sueiro, en Noia. O lume iniciábase pasados uns minutos das 21:00 da noite, nese momento a familia non se atopaba na vivenda, foi un veciño o que deu a vos de alarma o velas lapas.

Aínda que os profesionais de extinción continuaron no lugar ata ben entrada a media noite, os Bombeiros indicaron ao 112 Galicia que, sobre as 22:30 horas, o lume quedou practicamente extinguido. Segundo relataron ao 112 Galicia, ningunha persoa resultou afectada iso si, ardeu a segunda planta do inmoble na súa totalidade e unha sala da primeira planta.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.